SdA · Xogos vs Pantalla · 2.º Primaria
UD9 · Sesión 10 · Sesión de visita · cerre UD9
A visita aos Detectives · Gymkhana de cerre
Mércores 13 maio
45 min
14 nenos · 4 equipos
Visita externa

· Obxectivo didáctico

Consolidar e mostrar o aprendido durante toda a UD9 (lectura analóxica e dixital de horas, suma de minutos, calendario, retos contextuais) nun formato de gymkhana por equipos. Inverter os roles: hoxe son os detectives os que ensinan, e os mestres visitantes son os aprendices honoríficos. Servir de cerre narrativo da UD9 e ponte cara á UD10 (Festival).

· Desenvolvemento · 45 min

1
A última carta da avoa Carmela

Gran grupo na alfombra. Lectura solemne da Carta da avoa nº2. A avoa anuncia que veñen visitantes e que os detectives serán os anfitrións. Reparto de roles dentro de cada equipo: 1 manecilleiro, 1 verificador, 1 secretario (o 4.º rotará). Presentación dos visitantes á clase.

Clave narrativa: "hoxe non son eu quen ensina; sodes vós quen ensina aos visitantes". Os profes visitantes saúdan brevemente.
5
min
2
Quenquicálculo nº7 · rutina da casa

Individual. 10 sumas con levada en 3 minutos (rutina xa consolidada, os visitantes ven fluidez de cálculo mental). Reloxo de area visible, multibase no centro para quen o necesite. Corrección colectiva rápida ao rematar.

Por que é importante para a visita: mostra que o cálculo non se ensaia para o público, é o que se fai cada día.
5
min
3
Gymkhana · 4 estacións rotantes

Equipos rotan polas 4 estacións en sentido horario, 7 minutos por estación (28 min totais). Sinal sonoro para rotar. Cada equipo leva 1 bitácora que vai cubrindo. Os visitantes circulan libres: cada estación ten un detective designado para explicarlles o que están facendo.

Estacións: (1) Reloxo xigante · (2) Calendario do Festival · (3) Retos da avoa · (4) Equivalencias dixital ↔ analóxico. Ver coreografía espacial na páxina 2.
28
min
4
Cerre · Selo do Festival e Selo de Detective Honorífico

Gran grupo na alfombra. Cada equipo amosa a súa bitácora: 1 dato representativo (a hora máis difícil, os días que faltan ao Festival, o reto resolto, as parellas conseguidas). A mestra séllalles a bitácora co Selo do Festival. Despois, cada equipo entrega un Selo de Detective Honorífico a 1-2 visitantes. Foto final cos visitantes selados.

Frase de cerre: "hoxe demostrastes que sabedes medir o tempo. Mañá empezaremos a organizar o Festival con todo o que aprendestes" → semente para UD10.
7
min
SdA · Xogos vs Pantalla · 2.º Primaria
UD9 · Sesión 10 · Cont. (preparación e operativa)
Operativa da sesión
páxina 2 · 2

· Agrupamentos

  • Gran grupo — momentos 1 e 4 (carta + cerre)
  • Individual — momento 2 (Quenquicálculo)
  • Equipos Detectives (4 × 3-4 nenos) — momento 3 (gymkhana)

· Materiais imprimibles

  • Carta avoa Carmela nº2 — 1 copia, lectura solemne
  • Quenquicálculo nº7 — 14 copias (1 por neno)
  • Bitácora gymkhana — 4 copias (1 por equipo)
  • Selo Detective Honorífico — 1 folla (6 selos, recortados)
  • Reloxo xigante — xa impreso (das sesións anteriores)
  • Reloxos de equipo — xa impresos
  • Calendario maio — xa impreso (A3 idealmente)
  • Equivalencias dixital — xa recortadas en tarxetas
  • Retos 01, 02, 04 e 06 — meter en 4 sobres etiquetados "reto da avoa · equipo X" (cada equipo colle o seu cando rota á estación 3)

· Outros materiais

  • Reloxo de area de 3 min (Quenquicálculo)
  • Cronómetro proxectado ou campá para sinal de rotación
  • Post-its para o calendario
  • Tinteiro do Selo do Festival (o que xa usas)

· Criterios CA avaliados

Sesión de consolidación: tócanse case todos os CA traballados na UD9.

CA1.2 CA1.3 CA1.8 CA2.1 CA2.7 CA2.8 CA6.1 CA6.3

Instrumento: bitácora de equipo (TI grupal) + Quenquicálculo nº7 (TI individual). Non é sesión de proba: é sesión de amosar o aprendido.

· Atención á diversidade

  • Nenos que se poden bloquear ante visitantes: asignar rol de secretario (escribe pero non explica oralmente) e situarse cerca cando rote á estación 1.
  • Quenquicálculo: mantén opción de 5 sumas para quen o precise.
  • Ritmos rápidos nas estacións: reto extra "explicádelle ao visitante o que fixestes".
  • Conflito de rol no equipo: rotación dos 4 roles cada estación (cambia cada 7 min).

· Roles do docente vs visitantes

Brais (mestre)
  • Le a carta · marca os tempos · circula entre estacións
  • Sela bitácoras no cerre · foto final
Profes visitantes
  • Circulan polas estacións sen interrupir
  • Poden facer preguntas aos detectives (non a Brais)
  • Reciben o Selo Honorífico no cerre

· Coreografía espacial · 4 estacións

1
Reloxo xigante
pizarra · esquina dianteira esquerda
2
Calendario Festival
mesa lateral dereita · A3 + post-its
4
Equivalencias
alfombra · tarxetas boca abaixo
3
Retos da avoa
mesa do fondo · sobre etiquetado
Rotación en sentido horario · 1 → 2 → 3 → 4 → 1 · campá cada 7 min

· Checklist · véspera (martes 12, despois da PE1)