DENA · 13 MAIO 2026
Para os Detectives de 2.º · CEIP Coirón
Querido equipo de detectives:

Hoxe non vos escribo coa axuda da miña neta. Hoxe escríbovos eu soa, sentada na cociña, porque acabo de recibir unha noticia que me fixo dar un brinco no banco.

Imos ter visita! Veñen mestres e mestras doutro colexio, dunha aldea veciña, e dixéronme que querían coñecer o voso traballo. Levades semanas investigando o tempo, os reloxos, os minutos, os días… e xa sodes vós, e ninguén máis, quen mellor sabe disto no concello enteiro.

Por iso véñovos pedir un favor de avoa: ensinádelles vós. Non lles fagades unha clase coma a mestra. Ensínádelles coma quen lle ensina á súa avoa: con paciencia, sen présa, e amosándolles cada cousa que aprendestes.

Esperádeos no reloxo xigante, no calendario do Festival, nas tarxetas dixitais e nos retos que tantos quebradeiros me sacastes. Cada visitante que entre na vosa aula é, para min, un convidado do Festival.

E cando se vaian, daquela facédelles unha cousa importante: regaládelle un Selo de Detective Honorífico. Que se vaian sabendo que aquí, en Dena, hai unha clase de 2.º que sabe medir o tempo mellor que ninguén.

Coidádevos moito, e bo traballo.
A vosa avoa Carmela
P.D. O reloxo da cómoda xa volve a tic-tac coma sempre. Foi todo grazas a vós, meus detectives. Hoxe levo posta a saia das festas para celebralo.