SdA · Xogos vs Pantalla · 2º Primaria
UD9 · Sesión 10 · Gymkhana dos Detectives · 13 maio 2026
Bitácora · Equipo
Pasaredes polas 4 estacións. 7 minutos en cada unha. Cando soe a campá, recolledes e rotades. Ao final, todo o equipo asina e poñedes o selo do Festival.
1
Reloxo xigante
A avoa déixavos 3 cartas con horas escritas. Colocade as agullas no reloxo xigante e escribide aquí a hora en formato dixital:
Lembrade: «e cuarto» = :15 · «media» = :30 · «menos cuarto» = :45
2
Calendario do Festival
No calendario de maio, marcade con post-it: hoxe (13 maio) e o día do Festival. Despois calculade cantos días faltan:
Días que faltan ata o Festival:
Conta os ocos do calendario sen contar o día de hoxe. ¿É máis dunha semana? ¿Cantas semanas son?
3
Retos da avoa
Sacade 1 reto do sobre, lédeo entre todos e resolvédeo. Escribide o número do reto e a solución:
Se non chegades á solución, está ben. Apuntade ata onde chegastes — a avoa quere ver como pensades.
4
Equivalencias dixital ↔ analóxico
Sobre a mesa hai tarxetas boca abaixo. Xogade ao Memory por parellas: cada parella son un reloxo dixital e un analóxico que marcan a mesma hora. Apuntade cantas parellas conseguistes:
Parellas conseguidas no equipo:
8:30 e «as 8 e media» son a mesma hora. 7:45 é «as 8 menos cuarto».
Cando rematedes as 4 estacións, todo o equipo asina abaixo e a mestra ponvos o Selo do Festival aquí á dereita. Daquela xa sodes Detectives Expertos en Tempo.
selo
do
festival