SdA · Xogos vs Pantalla · 2º Primaria
UD9 · Sesión 10 · Gymkhana dos Detectives · 13 maio 2026
Nivel 3 · Xustifica · crea
Bitácora · Equipo
Pasaredes polas 4 estacións. 7 minutos en cada unha. Inventade, xustificade, debuxade. A avoa Carmela quere ver como pensades, non só a resposta.
1
Reloxo xigante
Inventade 2 horas do día da avoa Carmela (ex.: cando vai mercar o pan, cando merenda). Colocade as agullas no reloxo xigante, escribide as horas e explicade con un debuxo por que escollestes esas.
Hora 1: ____ — Que está facendo a avoa? Debuxo:
Hora 2: ____ — Que está facendo? Debuxo:
Pensade nun día normal: levántase, almorza, sae, volve, merenda, cea, dorme. ¿Cal é o momento máis importante?
2
Calendario do Festival
Marcade hoxe e o Festival. Calculade os días que faltan. Despois planificade 3 hitos no calendario (días importantes antes do Festival) e escribide unha frase de por que cada un é necesario.
Días que faltan: ____
Hito 1 · día ____ · porque: _______________________
Hito 2 · día ____ · porque: _______________________
Hito 3 · día ____ · porque: _______________________
Pensade: cando temos que probar os xogos? Cando avisar ás familias? Cando ensaiar a apertura?
3
Retos da avoa
Sacade o reto co distintivo vermello (Nivel 3). Resolvédeo. Despois inventade un reto parecido para outro equipo, cambiando os datos ou o contexto.
Reto nº ___ · Solución:
O noso reto inventado:
Cambiar non é "poñer números diferentes". É poñer un contexto novo: en lugar dunha viaxe, unha partida; en lugar dun día, unha semana.
4
Equivalencias dixital ↔ analóxico
Xogade ao Memory das equivalencias. Despois escollede 2 parellas e debuxade ou escribide a que momento cotián corresponderían (ex.: 8:00 = saio para o cole).
Parella 1: __:__ = «_____________» — Momento cotián:
Parella 2: __:__ = «_____________» — Momento cotián:
Non vale "non sei". Se non é hora habitual vosa, inventade quen pode usala (un panadeiro, un futbolista, un labrego).
Cando rematedes as 4 estacións, todo o equipo asina abaixo e a mestra ponvos o Selo do Festival aquí á dereita. Daquela xa sodes Detectives Mestres do Tempo.
selo
do
festival